ADN:
Ácido Desoxirribonucleico (ADN) é o compoñente primario dos cromosomas e o material do que están formados os xenes, esencial para transmitir a información vital dos seres vivos.Unha molécula de ADN está constituída por dúas longas cadeas lineais enroladas en espiral, formando unha dobre hélice, manténdose unidas entre si mediante enlaces entre as bases nitroxenadas de ámbas as cadeas que quedan enfrontadas. A unión das bases faise mediante pontes de hidróxeno: a adenina só se une coa timina e a guanina coa citosina.A estrutura do ADN está definida pola secuencia das bases nitroxenadas na cadea de nucleótidos. A orde na que aparecen as catro bases ao longo dunha cadea do ADN forma as instrucións do programa xenético dos organismos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario